jueves, 11 de junio de 2020

QUEN É??

Unha pista, ven da Mariña, a terra dos meus pais. 


Himno da Alegría

Agora que podemos respirar un pouquiño, temos que pensar que podemos aprender deste momento tan malo. Aprender, quedarnos co importante (que son moi, moi pouquiñas cousas) e avanzar e mirar cara adiante,. E que mellor cousa que exemplificalo con música chea de esperanza e alegría.


martes, 9 de junio de 2020

NOITE DE SAN XOÁN





Boa tarde,
Xa se vai acercando a noite máis curta do ano e para min, unha das miñas celebracións preferidas porque marca o comezo do verán, porque ten tradicións preciosas e ...porque me encantan as sardiñas!!! Dende o Equipo de Lingua Galega do cole, achegan as seguintes propostas.

1. Facer un inventario das herbas de San Xoán. (Xa vos estou dando unha pista)
2.Inventar poemiñas en honra a San Xoán e decoralos. 
3. O copialos deste enlace5
4. Enviar un vídeo recitando algúns destes poemas. 
5. Enviar un video saltando unha cacharela ( que pode ser represantada con paus e papel laranxa ou amarelo) dicindo " Salto a cacharela de San Xoán para que non me trabe nen cobra nen can". Como facíamos no cole. 
6. Ou mandar un vídeo dos noso maiores falando de como celebraban eles esta festa. 

Para celebralo con nós, tedes que enviar esta información a 
Antes do 15 de xuño. 
Graciñas por ler e participar!!


GRAZAS A XENTIÑA DOS SUPERMERCARDOS, TENDAS E AOS AGRICULTORES.


lunes, 8 de junio de 2020

FELIZ SEMANA

Papás, mamás, familias enteiras. Vouvos propoñer un novo reto. Tentarei de poñer todos os  días un figura galega moi importante no blog. O reto é que vós adiviñades quen é. Veña, aquí vai a primeira. 


sábado, 6 de junio de 2020

FOTOS DO MEU BARRIO

Como levades todo este tempo mandándome fotos das vosas vidas cotiás eu tamén vou facer o mesmo.  Como ben sabedes, no me gusta nada, nadiña, sair nas fotos e tédesme que dar un tempo. Ainda así vouvos amosar que lindo está o meu barrio.


Facemos  pancartas para agradecer o grandísimo labor dos sanitarios:

Aqui tedes un vídeo de cando se cantaba pola noite despois dos aplausos:

miércoles, 3 de junio de 2020

MATÍAS, UN ARTISTA

Matías, fixo coa súa familia un montón de criaturas fantásticas. Pasade e mirade e, se vos apetece, todos e todas xuntos podemos facer o mesmo en familia. Perdoade, pero a páxina dende onde fago as presentacións agora non me pertmite publicar as portadas. 😕😕😕😕
Grazas mamá de Matías, por esta idea. 
  

martes, 2 de junio de 2020

UN DÍA NA VIDA DE ALBA

E antes de que remate o día, non podía faltar Alba, que non só está estudando moito se non tamén está aprendendo moitas outras cousas, porque todo é importante nesta vida.


lunes, 1 de junio de 2020

ACTIVADE O SONIDO ... E A XOGAR!!!!

OUTRO REPASIÑO ÁS MATES.😊😀

Graciñas, Sarai.

Este dibuxo entregoume a mamá de Sarai o venres.  Aqui entre nós emocioneime moito porque foi a guinda para un día cheo de emocións.Volver ver aos meus compañeiros/as, ver a miña clase tal e como a deixei... Sentinme triste e agobiada. Pero despois volvín ver aos papás e mamás, e o debuxo de Sarai, cun arco da vella tan lindo que  me ,recorda que tras a treboada volve o Sol.
E souben que  volverei ver os ollazos profundos de Antía, a alegría de Valeria, a madurez de Carmen, os ollos abertos ao mundo de Diego, escoitarei as ocorrencias de Matías, e Xabier Ferreiro e reirei con elas, sentirei  a calma de Manuel. Recordarei o traballadores que eran Xabier Morandeira e Daniella. Reireime coma sempre con Daniela.Verei os rizos do meu pequeno artista Xián. Falarei do campo co meu Abel. Admirarei a túa alegría e o teu esforzo, Sarai, Disfrutarei das anécdotas e a dozura de Alba. Asombrareime da nobreza de Hugo. E por último verei ao meu regaliño de Colombia, Stephy.
Todo isto e o que meu inspirous o regalo de Sarai e as vosas familias. Grazas pola esperanza. Grazas por todos:por darme tanto traballo, alegria, satisfaccións, grazas por facerme sentir nena a piques de cumprir medio século..


martes, 26 de mayo de 2020

ALIKE: UN VIDEO DE VALORES

Aqui vos deixo uns vídeos que víamos en Valores. Pero que podedes ver todos, de acordo? Porque os valores son para todos, para vivir en sociedade  sen importar as nosas crenzas, porque todos, e agora máis que nunca estamos conectados.
A min fíxome pensar moito espero que a vós tamén.

lunes, 25 de mayo de 2020

O XOGO QUE TANTO VOS GUSTABA

Este é un xogo que rescatei porque penso que vos gustaba moito. Recordade que as centenas aquí son amarelas e as decenas verdes. Penso que como xa sodes bastante maiores, podedes explicarllo ás vosas familias. Sabedes tamén que  hai diversos niveis pero o máis divertido é o que chega a 999.
Clicade na imaxe, que vos levará directamente ao xogo. Como ben sabedes está inglés pero, co que vos ensina a teacher Chues e o espabilados que sodes, amañaredes ben.
 A xogar e que non vos colla o tiburón!!


domingo, 24 de mayo de 2020

HORTAS NA CASA

Agora qu xa levamos un tempo na casiña, xa nos estamos afacendo a facer de todo nela. Incluso ter unha mini horta!!!


jueves, 21 de mayo de 2020

miércoles, 20 de mayo de 2020

QUIZ DE GALICIA

Vimos decelebrar o día das Letra Galegas. Aqui tedes un quiz para facer en familia. Esperamos  que vos guste.

ANTÍA NA HORTA!

Aqui tedes outro vídeo do día a día.. Hoxe tocoulle a Antía e veredes que está feita toda unha granxeira. Estade moi atentos porque todos os días vai aparecer un vídeo voso no blog.



viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Esta fin de semana celebramos o Día das Letras Galega, este ano adicado a Carvalho Calero, pai do estudo da Lingua e Literatura Galegas. Aquí tedes uns enlaces para coñecelos e pasolo ben tamén. Clicade na imaxe de abaixo e teredes fichas para colorear, xogos, etc.Disfrutádeo moito. 

Aqui tamén tedes aos bolechas en acción tamén:


https://drive.google.com/file/d/1iikXqv0DOg0_1GCE7j0P8wkAlhYVo45k/view?usp=sharing

miércoles, 13 de mayo de 2020

DÍA DA ENFERMARÍA

Onte foi o Día da Enfermería. Temos que agradecer nestes momentos a todos estes grandes profesionais o sacrificio que están facendo . Porque están arriscando as  súas vidas  e a saúde dos seus familiares. Temos familias que tamén traballan neste campos e dende aqui debemos felicitalos polo seu sacrificio e valentía. Moitas grazas!!!
Aqui vos deixo información sobre a enfermeira máis famosa e a nai da enfermería moderna.


GRAZAS DANIELLA!!!

Outro paseo máis. Veña a coidarse que xa podemos pasear!!!




NOVO XOGO DE LINGUA GALEGA

Xa levaba un tempo sen facer estes xogos. Ao principio cústabame un pouco pero agora ata me divirto facendoos!! Espero que vós tamén os disfrutedes resolvendoos.


viernes, 8 de mayo de 2020

PRIMEIROS PASEOS,

Seguro que moitos de vós xa podedes disfrutar un pouco desta primavera, por que non facedes como Manuel e nos mandades unhas fotos para que as disfrutemos todos? Veña animádevos, para que todos nos veamos como vamos mellorando.


jueves, 7 de mayo de 2020

PASAPALABRA

Seguro que todos recordades o programa "Pasapalabra", pois ben aquí vos deixamos a versión primaria do xogo. Xogade en familia porque o pasaredes moito mellor. Tedes que clicar na imaxe que vos reconducirá á páxina. Está en Castelán e podedes xogar as veces que queirades porque sempre varían as palbras. Disfrutadeo moito!!!



lunes, 4 de mayo de 2020

REPASANDO MATEMÁTICAS

Preguntade na casa se algunha vez xogaron a este xogo de marcianiños... Activade o son para unha mellor experiencia...


jueves, 30 de abril de 2020

NOVO VÍDEO DOS CAMPEÓNS E CAMPEONAS DO CEIP SAN MARCOS

 A MOVERSE!!!

Como sabedes o 28 de abril celebrouse o Día da Educación Física na casa. Malia as circunstancias, os nosos profes, Martín e Antonio, fixeron unha preciosa montaxe dun vídeo qu amosa como nos mantemos en forma na casa. Moitas, moitas grazas ás familias polo seu inseño e imaxinación, e a estes dous grandes mestres que seguen ao carón de nós  a pesar da distancia. 
Para poder ver este vídeo, premede no enlace, por favor.
Ah, e outra cousa non deixedes de visitar o blog de Supersanote!!

OUTRO XOGUIÑO PARA REPASAR

C omo ven sendo habitual, aqui vos deixamos outro xogo para que recordedes un pouquiño máis. Este mesmo xogo aparece en Google Classroom, pero o colgo aquí por alguén que non sexa da clase quere poñerse a proba.


sábado, 25 de abril de 2020

LEMBRANZAS

Nenos e nenas,  canto vos botos de menos. Sei polo que me contan as vosas familias que  vos estades portando moi ben. Porque eu nunca o dubidei. Porque sei que sodes uns campeóns e unhas campeoas. Porque dades alegrías, porque vos quedades na casa e así axudades aos avós e avoas e ao resto do mundo. Porque  nunca dudei de que a vosa alegría non se apagaría malia as circunstancia. Polos tempos que virán, moito mellores ca estes.

viernes, 24 de abril de 2020

UNHA FICHIÑA DAS QUE VOS GUSTABAN TANTO



Acordeime que vos gustaban moito estas fichas, como non vos podo ver, mándovola polo blog. Por favor, recordade que podedes tamén practicar e traballar sen necesidade de imprimir. 






miércoles, 22 de abril de 2020

23 de ABRIL DÍA DO LIBRO

Mañá é o día do libro e que mellor xeito de celebralo que lendo un libro. Como polo de agora aínda non podemos visitar a Marquiños e anosa biblioteca do cole, aqui tedes esta editorial "on-line". Con ela podedes descargar libros en formato PDF. Podedes ademáis escoller libros por idades, ou tamén por temas: ciencias, xeografía, xogos, etc. Para ver o seu catálogo clicade aqui abaixo e levarávos á paxina. 


viernes, 17 de abril de 2020

POR FAVOR, MIRADE ESTE VÍDEO.

En primeiro lugar, agradecer a Marta e a Luna que fixeron este vídeo posible. Con este vídeo, o cole quere animar ás familias e agradecer aos nenos e nenas que o estan facendo tan ben. Moito ánimo e xa sabedes, quedade na casiña.



domingo, 12 de abril de 2020

NOTICIA MOI MOI IMPORTANTE

Temos unha nova que anunciarvos. O equipo de TICs e o equipo directivo creou unha serie de contas para que a comunicación mestre/a-alumnado sexa máis doada. 
Cada neno/a ten unha conta que será a seguinte:
nome neno primeira incial do apelido2B@gmail.com.
Por favor, comunicade isto a todas as familias, pois hai familias coas que non temos contacto dende que todo isto comezou. 
En breve teredes un correo coas contas. 
Grazas por ler. 

sábado, 11 de abril de 2020

SUXESTIÓNS PARA A FIN DE SEMANA

Aqui tedes Kalandraka TV. Unha canle onde podedes ver non só as novidades desta editorial se non tamén visitar bibliotecas, ver vídeos ou ver as suxestións para ler doutros nenos/as, mestres/as, etc. Esperamos que lle saquedes proveito.


NOVAS DENDE A CORUÑA

Como xa hai moito tempo que non vos vexo, vouvos mandar unha foto de cando en vez para que vexades o meu día a día.Cantos recordos desas conversas con vós!

A miña primeira foto é unha de agradecemento a todos e todas eses traballadores da saúde: doutoras, enfermeiros, celadores, que nos cuidan sempre  e agora máis. Dándolles moito as grazas pois traballan moito, moitisimo ofrecendo o mellor de eles e elas mesmos. 


miércoles, 8 de abril de 2020

A MOVER ESE CORPO!!!

Como sabes por Supersanote, debemos entrenar o corpo tanto como a mente. E nestes momentos difíciles, podemos practicar todos xuntos en familia para relaxarnos un pouquiño, e , por que non, pasalo ben!!




domingo, 5 de abril de 2020

CANTO SABEMOS DE ROSALÍA?

Perdoade aos que fixeron este pequenos cuestionario. A vosa profe non está moi ao tanto das Novas Tecnoloxías e non marchabar a cousa. Probade esta vex, e dicídime que tal vos vai agora. 

Aínda que non o podamos celebrar como se merece, cantando e festexando todos e todas xuntos, podemos facer un pequeno repaso a vida e obra de Rosalía de Castro.

Veña, podedes xogar en famiia e facer unha competición.

jueves, 26 de marzo de 2020

CANTO VOS BOTO DE MENOS!!!!




Canto boto de menos á miña clase. Os seus risos, agarimos,  ocorrencias, canto, canto vos boto de menos. Añoro as miñas clases, darvos fichas, contarvos contos, cantar con vós, colorear, ... Por iso fico na casa para axudar á Sanidade Pública a que nos coiden para poder estar con vós. Cuidádevos moito e espero con ilusión que volvamos a estar xuntos outra vez!!

viernes, 17 de enero de 2020

TODOS SOMOS MÁIS IMPORTANTES DO QUE CREMOS.

En honra a Diego, que lle encantan as Matematicas e este vídeo, compartimos este precioso vídeo no que aprendemos a non desprezar a ninguén porque todos temos algo especial.Ao mellor moi, moi escondido pero sen dúbida todos e todas temos que ofrecer algo ao mundo.



LIBRO DOS ACRÓSTICOS

Como xa ven sendo tradición, aqui tedes o novo libro dos acrósticos. Neste libro aparece a explicación de como son os nenos e nenas de 2º B, que por certo, son moi bos e boas. Premede no enlace para velo enteiro:

https://issuu.com/gradaille/docs/20200116161803834__1_